Niue
país insular no Océano Pacífico Sur / From Wikipedia, the free encyclopedia
Niue (/ˈnjuːeɪ/,[1] /niːˈjuːeɪ/) é un país insular no océano Pacífico Sur, 2400 km ao nordés de Nova Zelandia. A superficie terrestre de Niue é duns 261 km²[2] e a súa poboación, predominantemente polinesios, era duns 1.600 habitantes en 2016 (1.937, poboación estimada en 2021).
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
Niue (en) Niuē-fekai (niu) | |||||
Himno | Ko e Iki he Lagi (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Alofi | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.612 (2016) (6,2 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Língua niueana (pt) lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 260 km² | ||||
Punto máis alto | Niue Highest Point (en) (68 m) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1974 | ||||
Organización política | |||||
• Monarca | Carlos III do Reino Unido (2022–) | ||||
Órgano executivo | Cabinet of Niue (en) | ||||
• Primeiro ministro | Dalton Tagelagi (pt) (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | Niue Assembly (en) , (Escano: 20) | ||||
Membro de | |||||
Moeda | Dólar neozelandés | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .nu | ||||
Prefixo telefónico | +683 | ||||
Teléfono de emerxencia | 999 | ||||
Código de país | NU | ||||
Páxina web | niueisland.com |
Niue está situada nun triángulo entre Tonga, Samoa e as Illas Cook e está composto pola illa homónima e polo Arrecife Antiope. Atópase a 930 km² das Illas Cook meridionais (do sur) e a 604 quilómetros ao nordeste de Tonga, e ten a Samoa Americana ao norte. A súa capital é Alofi.
A illa é comunmente coñecida como "A Rocha", que provén do nome tradicional "Rocha de Polinesia".[3] Niue é unha das illas de coral máis grandes do mundo. O terreo da illa ten dous niveis marcados. O nivel superior está formado por un cantil de pedra calcaria que percorre a costa, cunha meseta no centro da illa que alcanza aproximadamente 60 metros sobre o nivel do mar. O nivel inferior é unha terraza costeira duns 0,5 km de ancho e uns 25–27 metros de altura, que descende e se atopa co mar en pequenos cantís. Un arrecife de coral rodea a illa, sendo a única ruptura importante do arrecife na costa centro-occidental, preto da capital, Alofi.
Niue é un estado autónomo en libre asociación con Nova Zelandia, e Nova Zelandia leva a maioría das relacións diplomáticas no seu nome. Como parte do Reino de Nova Zelandia, os niueos son cidadáns de Nova Zelandia e o rei Carlos III é o xefe de estado de Niue na súa calidade de Rei de Nova Zelandia. Entre o 90 % e o 95 % da poboación de Niue vive en Nova Zelandia,[4] xunto con preto do 70% dos falantes da lingua Niueana.[5] Niue é un país bilingüe, co 30% da poboación. que fala tanto niueano como inglés. A porcentaxe de persoas monolingües de fala inglesa é só do 11%, mentres que o 46% son falantes monolingües de Niueano.
Niue non é membro das Nacións Unidas (ONU), pero as organizacións da ONU aceptaron a súa condición de estado libre asociado como equivalente á independencia para os efectos do dereito internacional.[6] Como tal, Niue é membro dalgunhas axencias especializadas da ONU (como a UNESCO,[7] e a OMS),[8] e está invitado, xunto co outro estado non membro da ONU, as Illas Cook, a asistir ás conferencias das Nacións Unidas abertas a "todos os estados".[9] Niue é membro da Comunidade do Pacífico desde 1980.
Niue está subdividida en 14 vilas (municipios). Cada aldea ten un concello que elixe o seu presidente. As aldeas son ao mesmo tempo distritos electorais, cada aldea envía un asembleísta ao Parlamento de Niue.[10] Unha pequena e nación democrática, os Niueanos celebran eleccións cada tres anos.
O Plan Estratéxico Integrado de Niue (NISP), adoptado en 2003, é o plan nacional de desenvolvemento, que establece prioridades nacionais para o desenvolvemento en áreas como a sostibilidade financeira. Desde finais do século XX, Niue converteuse nun líder no crecemento verde; a Unión Europea está axudando á nación a converterse ás enerxías renovables. En xaneiro de 2004, Niue foi golpeada polo ciclón Heta, que causou grandes danos na illa, incluíndo a eliminación da maior parte do sur de Alofi. O desastre fixo que a illa atrasase uns dous anos desde o calendario previsto para implementar o NISP xa que os esforzos nacionais concentráronse na recuperación.