Novas Xeracións do Partido Popular
From Wikipedia, the free encyclopedia
Novas Xeracións do Partido Popular -coñecida orixinalmente como Novas Xeracións de Alianza Popular ou, máis abreviadamente, como Novas Xeracións (NNGG)- é a organización xuvenil do Partido Popular español. O seu ámbito de actuación é toda España, existindo estruturas en todas as comunidades e cidades autónomas, provincias e illas. Ten tamén estruturas noutros países como NNGG de Bélxica, Arxentina, Uruguai etc. Comparte os postulados ideolóxicos do Partido Popular (en terminoloxía do propio partido centro reformista.[1]).
Novas Xeracións do Partido Popular de Galicia | |
Organización política | Novas Xeracións do Partido Popular |
Ano fundación | 20 de xaneiro de 1989 |
Ideoloxía | Centro dereita, galeguismo, democracia cristiá, liberalismo, conservadorismo |
Ámbito | España |
Presidente (Galicia) | Adrián Pardo López |
S. Xeral (Galicia) | Iago Acuña |
Afiliados | 100.000 (en España) |
Web da organización | www.novasxeracions.com |
A súa misión primordial é promover a participación dos mozos na vida política a través do partido, defendendo e impulsando os seus valores e principios, e contribuíndo ao desenvolvemento do artigo 48 da Constitución Española[2]
Conta con máis de 100.000 afiliados en toda España. Nos seus comezos, a idade para formar parte da organización estaba comprendida entre 18 e 28 anos, aínda que posteriormente se ampliou ao intervalo de 16 a 28 anos. O Partido Popular establece que os afiliados menores de idade só son membros das NNGG mentres que os maiores de 18 o son tamén daquel. No XIII Congreso Nacional aprobouse aumentar un ano o límite máximo de idade para pertencer á organización, pasando a estar comprendida entre os 16 e 29 anos. Unha vez chegado ao límite de idade, se non se ocupa ningún cargo dentro dalgunha estrutura local, provincial, autonómica ou nacional da organización, os afiliados pasarán directamente ao partido propiamente dito.