Número UN
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os números UN ou números da ONU ou identificadores UN (UN IDs) son números de catro díxitos que identifican as substancias perigosas, e outras mercadorías (como explosivos, líquidos inflamables, substancias tóxicas, etc.) coa finalidade de que sexan utilizados para identificalas durante o seu transporte internacional.[1] Algunhas substancias perigosas teñen o seu propio número UN (por exemplo, o da acrilamida é UN2074), mentres que ás veces se lle dá un mesmo número a todo un grupo de substancias químicas ou produtos que teñen similares propiedades (por exemplo, os líquidos inflamables, se non se especifica outra cousa, levan o número UN1993). Un composto químicoen estado sólido pode recibir un número distinto que cando está en estado líquido se as súas propiedades en canto á perigosidade son significativamente diferentes. As substancias con diferentes niveis de pureza (ou concentración en solución) poden tamén recibir diferentes números UN.
Os números UN van desde o UN0001 a aproximadamente o UN3518 e son asignados polo Comité de Expertos da Organización das Nacións Unidas sobre o Transporte de Mercadorías Perigosas. Publícanse como parte das súas Recomendacións sobre o Transporte de Mercadorías Perigosas, tamén coñecido como o Libro Alaranxado. Estas recomendacións adóptanse pola organización reguladora responsable de cada modo de transporte.
Non se asigna ningún número UN para as substancias non perigosas.
Outros números relacionados usados en Norteamérica son os números NA (Norte América) para substancias e son idénticos aos númeos UN, agás en que algunhas substancias que non teñen número UN si teñen número NA. Estes números adicionais van desde o NA8000 ao NA9999.[2]