O enfermo imaxinario
From Wikipedia, the free encyclopedia
O enfermo imaxinario[1] (en francés: Le malade imaginaire) é a última comedia escrita polo dramaturgo francés Molière. É unha comedia-ballet en tres actos (cada un con oito, nove e quince escenas, respectivamente), escrita en verso que foi representada no Teatro do Palacio Real[2] o 10 de febreiro de 1673 pola troupe de Molière. Inspírase na comedia da arte. A música é de Marc-Antoine Charpentier e os ballets de Pierre Beauchamp.
O enfermo imaxinario | |
---|---|
ARGAN, Le Malade imaginaire, gravado de Jean-Michel Moreau. | |
Título orixinal | Le malade imaginaire |
Autor/a | Molière |
Orixe | Francia |
Lingua | Francés |
Colección | Biblioteca Galega de Clásicos Universais |
Xénero(s) | Comedia-ballet |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1673 1986 |
Páxinas | 156 |
ISBN | ISBN 84-9757-218-1 |
Tradución | Manuel Guede e Eduardo Alonso |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducida ó galego por Manuel Guede e Eduardo Alonso e foi publicada pola Editorial Galaxia no ano 1986.[1] No ano 1987, foi publicado de novo con tradución de Guede e Alonso por Edicións Xerais na colección "Os libros do Centro Dramático".[3] No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Guede e Alonso dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[4]