Océano Antártico
augas que bañan o continente Antártico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O océano Antártico, tamén coñecido como océano Glacial Antártico ou océano Austral[2] (Southern Ocean en inglés), é o nome dado ao conxunto das augas que bañan o continente Antártico, que na realidade constitúen o prolongamento meridional dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico. Moitos científicos, oceanógrafos e xeógrafos, non recoñecen a existencia do océano Antártico, considerándoo como unha conxunción de partes dos outros océanos.[Cómpre referencia]
Océano Antártico | |
---|---|
Localización xeográfica | |
Continente | Antártida |
Xeografía | |
Mares contiguos | Parte da pasaxe de Drake, parte do mar de Scotia, mar de Weddell, mar do Rei Haakon VII, mar de Lazarev, mar de Riiser-Larsen, mar dos Cosmonautas, mar da Cooperación, mar de Davis, mar de Mawson, mar de d'Urville, mar de Somov, mar de Ross, mar de Amundsen e o mar de Bellingshausen |
Illas interiores | Illas da Antártida |
Características | |
Superficie | 20.327.000 km² [1] |
Lonxitude máxima | 17.968 km da costa [1] |
Profundiade máxima | 7235 m (Foxa das Sandwich do Sur) |
Profundidade media | 4000-5000 m |
Mapa | |
Localización do océano Antártico | |
Mapa que mostra a liña de converxencia Antártica | |
O océano Antártico esténdese desde a costa antártica até os 60° S, límite convencional cos tres océanos mencionados. É o penúltimo océano en extensión (só o océano Ártico é menor).[3] Formalmente, a súa extensión foi definida pola Organización Hidrográfica Internacional (IHO) no ano 2000 e coincide cos límites fixados polo Tratado Antártico,[4][5] mais a decisión non foi ratificada. Outros toman como límite natural do océano Antártico a estacional e flutuante converxencia antártica.