Oklahoma
estado dos Estados Unidos de América / From Wikipedia, the free encyclopedia
Oklahoma (en cherokee: ᎣᎦᎳᎰᎹ, òɡàlàhoma, en pawnee: Uukuhuúwa,[1] en cayuga: Gahnawiyoˀgeh[2]) é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos de América. Con 3.579.212 habitantes no 2006 e unha superficie de 181.035 km², ocupa o lugar número 28 entre os estados máis poboados, e o 20 entre os máis grandes. O seu nome deriva das palabras choctaw okla e humma, que significan "xente vermella".[3] Informalmente é coñecido co alcume de The Sooner State. Oklahoma foi o cuadraxésimo sexto estado en facer parte da Unión o 16 de novembro de 1907, a partir do Territorio Indio. A capital e maior cidade do Estado é Oklahoma City. Conta con 77 condados.
State of Oklahoma (en) | |||||
Lema | «Labor omnia vincit (pt) » | ||||
---|---|---|---|---|---|
Símbolo oficial | Tyrannus forficatus (pt) (aves) | ||||
Alcume | Sooner State | ||||
Nomeado en referencia a | Território de Oklahoma (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Oklahoma City | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.959.353 (2020) (21,85 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 1.493.569 (2020) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 181.195 km² | ||||
Auga | 1,87 % | ||||
Bañado por | Río Arkansas, Rio Vermelho do Sul (pt) , Eufaula Lake (en) e Rio Canadian (pt) | ||||
Punto máis alto | Black Mesa (en) (1.700 m) | ||||
Punto máis baixo | Little River (en) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 16 de novembro de 1907 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Oklahoma (en) | ||||
• Governador (pt) | Kevin Stitt (pt) (2019–sen valor) | ||||
Órgano lexislativo | Oklahoma Legislature (en) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Oklahoma Court of Criminal Appeals (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-OK | ||||
Identificador GNIS | 1102857 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Prefectura de Kyōto (1985–) | ||||
Páxina web | ok.gov |
Oklahoma é un importante produtor de gas natural, petróleo e diversos alimentos. A economía de Oklahoma está baseada na aviación, enerxía, telecomunicacións e a biotecnoloxía. É unha das economías de máis rápido crecemento de EUA, o terceiro estado na clasificación de ingresos per cápita e o líder en crecemento do produto nacional bruto. Oklahoma City e Tulsa son os principais motores da economía do Estado, xa que concentran case o 60% da poboación nas súas áreas metropolitanas. O estado de Oklahoma ten competencias importantes na administración da educación e a sanidade. Ademais, as súas universidades máis grandes participan nas competicións deportivas da NCAA e a NAIA, mentres que dous dos seus clubs de atletismo encóntranse entre os máis exitosos dos Estados Unidos.
Con pequenas cadeas montañosas, pradarías, e bosques ao oeste, a maior parte de Oklahoma está situada entre as Grandes Chairas dos Estados Unidos e as Terras Altas, unha rexión especialmente proclive a condicións meteorolóxicas adversas. En Oklahoma predominan os alemáns, irlandeses, británicos e descendentes de nativos americanos. No estado fálanse máis de 25 linguas indíxenas de América, máis ca en calquera outro estado.
Atópase na confluencia de tres grandes rexións culturais dos Estados Unidos e historicamente serviu como ruta de transporte de gando, como destino para os colonos do sur, e de lar para os nativos americanos. Fai parte do Bible Belt, nos cales está moi presente o cristianismo evanxélico.