Ordovícico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ordovícico ou Ordoviciano é un período da escala de tempo xeolóxico, correspondente á era paleozoica do eón fanerozoico, que comezou hai 488,3 ± 1,7 millóns de anos e terminou hai 443,7 ± 1,5 millóns de anos.[2][3]
Era [1] | Período | Millóns de anos | |
---|---|---|---|
Paleozoico | Permiano | 299,0 ±0,8 | |
Carbonífero | Pensilvaniano | 318,1 ±1,3 | |
Misisipiano | 359,2 ±2,5 | ||
Devoniano | 416.0 ±2,8 | ||
Silúrico | 443,7 ±1,5 | ||
Ordovícico | 488,3 ±1,7 | ||
Cámbrico | 542,0 ±1,0 | ||
En obras clásicas considerábase que o ordovícico abarcaba desde os 505 millóns de anos até hai 440 millóns de anos.
O ordovícico, nomeado así en honor da tribo galesa dos ordovicos, foi definido por Charles Lapworth en 1879, para resolver unha disputa entre os seguidores de Adam Sedgwick e os de Roderick Murchison, que situaban os mesmos estratos do norte de Gales no Cámbrico e no Silúrico, respectivamente. E Lapworth recoñeceu que a fauna fósil presente nos estratos en disputa eran diferente tanto da do cámbrico como da do silúrico e deuse de conta de que estes restos tiñan que situarse nun período propio.
Sucesor do Cámbrico e anterior ao Silúrico, no Ordovícico o día tiña 21 horas e non había animais en terra firme pola escaseza de oxíxeno na atmosfera.
Abundan os fósiles, entre os que destacan os trilobites, e nalgunhas rexións formáronse nesta época os xacementos de petróleo e de gas natural.