Ospreys
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Ospreys (en galés: Y Gweilch), anteriormente Neath-Swansea Ospreys (en galés: Gweilch Tawe-Nedd), son un dos catro equipos profesionais de rugby de Gales. Compiten no Pro14, unha liga que inclúe equipos profesionais de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica, e na European Rugby Champions Cup. O equipo fundouse no ano 2003 como resultado da fusión do Neath RFC co Swansea RFC, sendo parte do plan de creación de equipos rexionais en Gales da Welsh Rugby Union. O equipo está afiliado a múltiples clubs locais amadores e semi-profesionais, incluído equipos da Welsh Premier Division como o Aberavon RFC, o Bridgend Ravens e os propios Neath e Swansea. A área de influencia do club é coñecida de forma informal como Ospreylia.[1]
Unión | Welsh Rugby Union | ||
---|---|---|---|
Fundación | 2003; hai 21 anos | ||
Sede | Swansea, Gales | ||
Estadio(s) | Liberty Stadium | ||
Capacidade | 20.827 espectadores | ||
Presidente | Rob Davies | ||
Adestrador | Vacante | ||
Capitán | Justin Tipuric | ||
Caps | Alun Wyn Jones (238) | ||
Anotador | Dan Biggar (2.203) | ||
Ensaios | Shane Williams (57) | ||
Liga(s) | Pro14 | ||
2018−19 | 4º (conferencia A) | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.ospreysrugby.com/ | |||
O estadio principal do equipo é o Liberty Stadium de Swansea, recinto con capacidade para 20.827 espectadores. Con todo, teñen xogado algúns encontros de menor importancia no Brewery Field de Bridgend. O escudo do club e o alcume do mesmo en inglés osprey fan referencia á aguia peixeira, unha ave rapaz de plumas brancas e negras que representa as cores dos clubs fundadores, o branco e o negro. Actualmente o equipo xoga como local de negro e como visitante de branco e laranxa. Os Ospreys son o equipo galés máis exitoso da historia do Pro14 (antes Celtic League e Pro12), tendo gañado o campionato en catro ocasións. Alén diso, os Ospreys foron o primeiro gales en conseguir vencer aun equipo de elite de xira, conseguindo vencer a
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "[[Modelo:Sru]]" ([[Conversa :Modelo:Sru|conversa]]). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |