Paco Gento
futbolista español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Gento López, coñecido como Paco Gento ou simplemente Gento, nado en Guarnizo, Cantabria, o 21 de outubro de 1933 e finado en Madrid o 18 de xaneiro de 2022,[1] foi un futbolista español que xogaba como lateral esquerdo. Xogador histórico do Real Madrid , desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no club branco, co que xogou 600 partidos oficiais durante 18 tempadas, acadando numerosos éxitos e recoñecemento mundial.[2]
Gento | |||
---|---|---|---|
e | |||
Información persoal | |||
Nome | Francisco Gento López | ||
Nacemento | 21 de outubro de 1933 | ||
Lugar de nacemento | Guarnizo, El Astillero | ||
Falecemento | 18 de xaneiro de 2022 | ||
Lugar de falecemento | Madrid | ||
Altura | 1,68 m | ||
Posición | extremo esquerdo, dianteiro e centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
SD Nueva Montaña | |||
Union Club Astillero | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1951–1953 | Rayo Cantabria | 21 | (8) |
1953 | Racing de Santander | 10 | (2) |
1953–1971 | Real Madrid | 427 | (127) |
Selección nacional | |||
1956 | España B | 1 | (0) |
1955–1969 | España | 43 | (5) |
Adestrador | |||
1971–1972 | Castilla | ||
1972 | Palencia | ||
1974 | Castellón | ||
1977–1980 | Palencia | ||
1980–1981 | Granada | ||
1997–2000 | Cantabria | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Lembrado como un dos xogadores máis verticais e rápidos da súa época, no momento da súa retirada era o xogador con máis partidos disputados coa camiseta do Real Madrid e o terceiro máximo goleador da historia do club, só superado polos seus antigos compañeiros Alfredo Di Stéfano e Ferenc Puskás.[3] Foi elixido no posto 30 dos mellores futbolistas do século XX pola IFFHS, sendo o primeiro español da lista.[4]
Ostenta o récord de ser o futbolista que máis Copas de Europa gañou, con seis, e tamén o que máis títulos de liga española conseguiu, con doce.[5] A eses títulos sumou ademais a primeira edición da Copa Intercontinental, dúas Copas do Xeneralísimo e dúas Copas Latinas.
Foi internacional coa selección española en 43 ocasións, participando con esta en dúas Copas do Mundo, nas edicións de Chile 1962 e Inglaterra 1966.
Forma parte dunha ampla familia de deportistas iniciada por seu pai, xogador da Cultural de Guarnizo. Seus irmáns, Julio e Toñín chegaron a xogar ambos na Primeira División, e estiveron vencellados durante anos ao Racing de Santander. Toñín compartiu vestiario con Paco no Real Madrid na tempada 1961/62 e os tres xogaron xuntos por única vez nun partido amigable contra o FC Zürich no ano 1959. A saga familiar continuou cos seus sobriños futbolistas Julio e Paco Llorente,[6] e os xogadores de baloncesto José Luis e Toñín Llorente, todos eles vencellados ás distintas seccións deportivas do Real Madrid. Unha cuarta xeración de deportistas da familia Gento-Llorente está formada polo futbolista Marcos Llorente e os xogadores de baloncesto Sergio Llorente e Juan Llorente.