Pancho Gonzales
tenista profesional estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ricardo Alonso González, tamén coñecido como Richard Gonzales e habitualmente como Pancho Gonzales, nado nos Ánxeles (California) o 9 de maio de 1928 e finado en Las Vegas (Nevada) o 3 de xullo de 1995, foi un tenista estadounidense de ascendencia mexicana, considerado como un dos máis destacados atletas da historia dese deporte.[1]
Biografía | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Ricardo Alonso González 9 de maio de 1928 Os Ánxeles, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||
Morte | 3 de xullo de 1995 (67 anos) Las Vegas, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||
Causa da morte | cancro de estómago | ||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Cemiterio Palm Memorial Park | ||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||
Altura | 1,88 m | ||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||
Ocupación | tenista (1946–), adestrador de tenis | ||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1949 - 1974 | ||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||
Deporte | tenis | ||||||||||||||||||||
Man de xogo | destro | ||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||
O esplendor da súa carreira logrouno como profesional entre principios da década de 1950 e mediados da década seguinte, nunha época en que os profesionais non podían participar nos torneos de Grand Slam, sendo considerado o profesional número 1 do mundo entre 1952 e 1960. Como afeccionado conquistou dúas veces o Aberto dos Estados Unidos. Trala súa morte, un artigo de Sports Illustrated afirmou: "Se a terra estivese na liña dun partido de tenis, o home que queres que sirva para salvar a humanidade sería Ricardo Alonso Gonzales.[2][3] O comentarista de tenis Bud Collins indicou en 2006: "Se tivese que escoller alguén para que xogase pola miña vida, sería Pancho Gonzales".[4]
Nun famoso partido de 1970 en que o gañador levaba 10 000 dólares, celebrado no Madison Square Garden ante 15000 persoas, Gonzales, que tiña 41 anos, venceu a Rod Laver, nese momento número 3 do mundo.