Pasiflora
xénero de plantas / From Wikipedia, the free encyclopedia
As pasifloras son especies de plantas con flor pertencentes ao xénero Passiflora. As especies deste xénero adoptan principalmente a forma de liana ou de rubideira, e nalgúns casos son arbustos ou herbáceas. Os froitos adóitanse coñecer como froita da paixón (algunhas especies como maracuxás).
pasifloras (xénero Passiflora) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Passiflora pardifolia descrita en 2006 | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Unhas 500, véxase no texto | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Disemma Labill. |
Son orixinarias de gran parte do mundo, agás Europa e África (onde atopamos outros membros da familia Passifloraceae). Nove especies son orixinarias dos Estados Unidos e moitas sono de América do Sur. Tamén hainas da China, Nova Guinea eNova Zelandia.
Algunhas especies téñense naturalizado, por exemplo a pasiflora azul (Passiflora caerulea) que actualmente medra brava nalgúns lugares de España.[1] Esta especie emprégase como ornamental en Galiza e outros lugares. O maracuxá (Passiflora edulis), cultivado en gran parte do mundo, tamén pertence a este xénero.