Patrimonio da Humanidade en Grecia
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Grecia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área.
Actualmente hai 18 sitios Patrimonio da Humanidade da UNESCO en Grecia.[3] Deles, 16 están inscritas en base a criterio "cultural", mentres que os dous restantes (Monte Athos, Meteora) están inscritos para cumprir criterios "culturais" e "naturais". Cinco dos sitios están situados en illas, un atópase entre as illas e terra firme, os 12 restantes están exclusivamente en terra firme. Este primeiro sitio que se inscribiu foi o Templo de Apolo en Bassae en 1986, o máis recente é o Filipos, inscrito en 2016. Hai 14 sitios adicionais na lista tentativa.