Pelagornítidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os pelagornítidos (Pelagornithidae) son unha familia extinta de grandes aves mariñas coñecidas polos seus fósiles. Tamén se lles chama pseudoodontornes, aves de dentes óseos, aves de dentes falsos ou aves pseudodentadas. Os seus restos fósiles atopáronse en moitas partes do mundo en estratos rochosos que datan de finais do Paleoceno ata o límite entre o Plioceno e o Plistoceno.[2] Hai outras aves fósiles primitivas con dentes verdadeiros, que non teñen que ver con estas.
Pelagornithidae Rango fósil: 62 Ma-2,5 Ma Paleoceno (Daniano) - Plistoceno (Xelasiano) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Réplica dun esqueleto de Pelagornis miocaenus conservado no MNHNIS | |||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||
Extinto en época prehistórica | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
[1] Nivel de familia: |
Moitos dos seus nomes comúns fan referencia á característica máis notable destas aves: tiñan puntas saíntes con forma de dentes nas beiras do peteiro, que, a diferenza dos verdadeiros dentes contiñan condutos de Volkmann (típicos dos ósos) e formábanse como crecementos que saían dos ósos premaxilares e mandibulares. Eran aves de considerable tamaño, xa que mesmo as especies máis pequenas eran do tamaño de albatros; as maiores eran verdadeiramente xigantescas, e chegaban a envergaduras estimadas entre 5 e 6 metros que as colocan entre as maiores aves voadoras que teñan existido. Estas aves mariñas foron dominantes en moitos océanos durante a maior parte do Cenozoico, e os humanos modernos aparentemente non chegaron a encontrarse con estas só por un breve espazo de tempo evolutivo: os últimos pelagornítidos coñecidos foron contemporáneos de Homo habilis e da época do comezo da historia da tecnoloxía.[3]