Pendente (matemáticas)
From Wikipedia, the free encyclopedia
En matemáticas e ciencias aplicadas denomínase pendente á inclinación dun elemento linear, natural ou construtivo respecto da horizontal.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pendente.
En xeometría analítica, pode referirse á pendente da recta ou coeficiente angular[1] como caso particular da tanxente a unha curva, en cuxo caso representa a derivada da función no punto considerado, e é un parámetro relevante, por exemplo, no trazado altimétrico de estradas, vías férreas ou canais.