Período de incubación
tempo entre unha infección e a aparición dos síntomas / From Wikipedia, the free encyclopedia
O período de incubación é o tempo comprendido entre a exposición dun individuo a un organismo, a unha substancia química ou a unha radiación patoxénico a a aparición dos primeiros signos e síntomas da enfermidade. Este período pode ser tan curto como algúns minutos, ou tan longo como trinta anos, como no caso da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob.
- Para outro dignificado véxase Incubación
Aínda que latencia ou período de latencia poden ser sinónimos, ás veces faise unha diferenza entre estes termos e o de período de incubación —o período entre o contaxio e o inicio clínico da enfermidade— e período latente —o tempo desde a infección até que se volve contaxiosa— o cal adoita ser máis curto.
Unha persoa pode ser portadora dunha enfermidade infecciosa, tales como as producidas por Streptococcus na gorxa, sen exhibir ningún síntoma. Dependendo da enfermidade, unha persoa pode ser ou non ser capaz de transmitir a doenza a outras durante o período de incubación.