Petr Ilich Chaikovskii
compositor ruso / From Wikipedia, the free encyclopedia
Petr Ilich Chaikovskii (en ruso: Пётр Ильич Чайковский, pronunciado [ˈpʲotr ɪlʲˈjit͡ɕ t͡ɕɪjˈkofskʲɪj]; ( escoitar), nado en Votkinsk o 25 de abrilxul./ 7 de maio de 1840greg. e finado en San Petersburgo o 25 de outubroxul./ 6 de novembro de 1893greg., foi un dos compositores rusos máis importantes do século xix. É autor dalgunhas das obras de música clásica máis famosas do repertorio actual, por exemplo os ballets O lago dos cisnes e O Quebranoces, a Abertura 1812, a abertura-fantasía Romeo e Xulieta, o Primeiro concerto para piano, o Concerto para violín, as súas sinfonías Cuarta, Quinta e Sexta (Tamén chamada Patética) e a ópera Evgenii Onegin.
Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos etc. contidos neste artigo deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
Petr Ilich Chaikovski | |
---|---|
Petr Ilich Chaikovski por Nikolai Kuznetsov, 1893 | |
Nacemento | 25 de abril de 1840 e 7 de maio de 1840 |
Votkinsk Rusia | |
Falecemento | 25 de outubroxul./ 6 de novembro de 1893greg. (53 anos) |
San Petersburgo Rusia | |
Causa | Cólera |
Soterrado | Cemitério Tikhvin |
Nacionalidade | Imperio Ruso |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Educado en | Conservatório de São Petersburgo e Imperial School of Jurisprudence |
Instrumento(s) | piano |
Composicións destacadas | Foi autor de multitude de obras entre as que destacan O lago dos cisnes, Abertura 1812, O Quebranoces. |
Pai | Iliá Petróvitch |
Nai | Aleksandra Tchaikovskaya |
Parella/s | Antonina Miliukova |
Irmáns | Modest Tchaikovsky, Anatoly Tchaikovsky, Aleksandra Davydova e Ippolit Chaykovsky |
Premios | Order of St. Vladimir, 4th class e Ordem de São Vladimir |
Na rede | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Nado nunha familia de clase media, a educación que recibiu Chaikovskii estaba dirixida a preparalo como funcionario, malia a precocidade musical que mostrou. En contra dos desexos da súa familia, decidiu seguir unha carreira musical e en 1862 accedeu ao Conservatorio de San Petersburgo, graduándose en 1865. A formación que recibiu, formal e orientada ao estilo musical occidental, apartouno do movemento contemporáneo nacionalista coñecido como o «Grupo dos Cinco» conformado por un grupo de mozos compositores rusos, cos cales Chaikovskii mantivo unha relación profesional e de amizade ao longo da súa carreira.
Aínda que non pertencía ao chamado Grupo dos Cinco (Musorgskii, César Cui, Rimskii-Korsakov, Balakirev e Borodin), formado por compositores nacionalistas rusos, a súa música deveu coñecida e admirada por mor do seu carácter tradicionalmente ruso e mais polas súas características harmónicas e de vivas melodías. A diferenza do grupo referido, as súas obras foron notabelmente occidentalizadas, empregando decote elementos propios das técnicas compositivas imperantes no estranxeiro. Chaikovskii, ao igual ca Mozart, é un dos poucos compositores aclamados que se sentía igualmente confortábel escribindo óperas, sinfonías, concertos e obras para piano.
Mentres desenvolvía o seu estilo, Chaikovskii escribiu música en varios xéneros e formas, incluíndo a sinfonía, ópera, ballet, música instrumental, de cámara e a canción. A pesar de contar con varios éxitos, nunca tivo moita confianza ou seguridade en si mesmo e a súa vida estivo salpicada polas crises persoais e períodos de depresión. Como factores que quizais contribuíron a isto, poden mencionarse a súa homosexualidade reprimida e o medo a que se revelase a súa condición, o seu desastroso matrimonio e o repentino colapso da única relación duradeira que mantivo na súa vida adulta: a súa asociación de 13 anos coa rica viúva Nadezhda von Meck. No medio desta axitada vida persoal, a reputación de Chaikovskii aumentou; recibiu honras por parte do tsar, obtivo unha pensión vitalicia e foi encomiado nas salas de concertos de todo o mundo. A súa repentina morte aos 53 anos adoita atribuírse xeralmente ao cólera pero as súas circunstancias son obxecto de debate xa que tamén se suscitou a hipótese do suicidio, por contaxio voluntario coa enfermidade ou por outra forma de envelenamento.[1]
Malia contar cunha gran popularidade nas audiencias de todo o mundo, Chaikovskii recibiu ás veces duras críticas por parte de músicos, críticos e compositores. Porén, a súa reputación como compositor de importancia é hoxe en día segura,[2] tendo desaparecido por completo a soberbia coa que os críticos occidentais de comezos e mediados do século xx catalogaron a súa música como vulgar e falta de pensamento.[3]