Petro (criptomoeda)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O petro (símbolo bolsista: PTR) é unha criptomoeda de orixe venezolana baseada na tecnoloxía da cadea de bloques e apoiada polas reservas de varios recursos naturais daquel país, como petróleo, ouro, diamantes e gas.[2] Cada petro está apoiado por un barril de petróleo da cesta de cru venezolano.[3]
Petro (criptomoeda) | |
---|---|
Logotipo actual | Logotipo primitivo |
Código: | PTR |
Ámbito: | Venezuela Rusia (de facto)[1] |
Símbolo: | |
Fracción: | Mene (1/100.000.000) |
Emisor: | Goberno de Venezuela |
Taxa de troco: | Barril de petróleo da cesta de cru venezolano |
Troco actual |
A moeda foi suxeito de críticas, algunhas das cales sosteñen que non se trata dunha verdadeira criptomoeda por non ser descentralizada e, mesmo, sitios web como ICOindex cualificárono como unha estafa.[4][5]