Philadelphia Eagles
equipo profesional estadounidense de fútbol americano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Philadelphia Eagles son unha equipo profesional de fútbol americano con sede na cidade de Filadelfia, Pensilvania. Os Eagles participan na National Football League (NFL) como membro da División Leste da National Football Conference (NFC). A franquía posúe nas súas vitrinas tres títulos da NFL, tendo participado en dúas Super Bowls. A primeira delas foi en 1980, onde perderon 27–10 contra os Oakland Raiders, e a segunda en 2004, onde saíron derrotados ante os New England Patriots por 24–21. O 4 de febreiro de 2018 xogaron a súa terceira final, de novo ante os Patriots, conseguindo esta vez alzarse co título, sendo o último equipo da NFC Leste en gañar unha Super Bowl. A franquía foi fundada en 1933 por un grupo liderado por Bert Bell tras a declaración de bancarrota dos Frankford Yellow Jackets.
Philadelphia Eagles | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1933 Sede en Filadelfia, PA | |||
| |||
Afiliacións de Liga/Conferencia | |||
National Football League (1933–presente) | |||
Uniforme actual | |||
Cores | Verde, prata, negro, branco | ||
Canción | Fly, Eagles Fly | ||
Mascota | Swoop | ||
Cadro de persoal | |||
Propietario(s) | Jeffrey Lurie | ||
Presidente | Don Smolenski | ||
Director xeral | Howie Roseman | ||
Adestrador | Doug Pederson | ||
Historia | |||
| |||
Alcume(s) | |||
| |||
Campionatos | |||
Títulos de Liga (4)
| |||
Conferencia (4)
| |||
División (13)
| |||
Estadios | |||
|
Os seareiros dos Eagles están considerados como uns dos máis leais da NFL. Son permanentemente unha das tres franquías con maior media de asistencia ao estadio, tendo colgado o cartel de "non hai máis billetes" de forma continua desde 1999.[1][2] Nunha enquisa para Sports Illustrated entre 321 xogadores da NFL, os fans do Eagles foron escollidos como os máis intimidantes da competición.[3] O equipo garda unha gran rivalidade cos New York Giants, sendo considerada a máis antiga da NFC Esat e unha das máis antigas da NFL. De feito, está considerada pola NFL Network como maior rivalidade da historia da competición e, segundo ESPN, unha das rivalidades máis feroces e coñecidas do fútbol americano.[4] O equipo tamén garda unha rivalidade histórica cos Washington Redskins e os Dallas Cowboys.