Pobo somalí
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os somalís (en somalí, soomaali; en árabe, صوماليون) son un grupo étnico que habitaban orixirariamente o corno de África (península de Somalia).[7]
Pobo somalí | |
---|---|
Varios somalís | |
Poboación | |
Poboación total: de 16 a 20 millóns | |
Rexións principais: | |
Somalia | 9 millóns[1] |
Etiopía | 4,6 millóns[2] |
Kenya | 2,4 millóns[3] |
Djibuti | 524 000[4] |
Iemen | 200 000[5] |
Aspectos culturais | |
Lingua | somalí, árabe |
Relixión | Islam |
Grupos relacionados | afar, agaw, amhara, beja, oromo, saho, harari, tigray e tigré.[6] |
Os somalís étnicos son de 16 a 20 milóns de individuos, que se concentran principalmente en Somalia (uns 9 millóns),[8] Etiopía (4,6 millóns), Kenya (2,4 millóns) e Djibuti (524 000) e, ao outro lado do mar Vermello, no Iemen.
Ademais son moitos os que, debido á Guerra Civil Somalí e á emigración por motivos económicos ou políticos, viven en gran parte do mundo, sobre todo no Oriente Medio, os Estados Unidos, Australia e Oceanía e Europa.
A súa lingua é o somalí unha das ramas das linguas cuxitas, da familia das linguas afroasiáticas.
Todos son musulmáns desde, polo menos, o século XIV.[9]
Os habitantes no seu lugar de orixe, o corno de África, eran tadicionalmene pastores nómades que, a causa da intensa competencia por uns recursos limitados, foron extremadamente individualistas e víronse frecuentemente implicados en inimizades a morte ou a guerras cos clans e os pobos veciños.
Unha segunda categoría de somalís autóctonos son os cidadáns e os agricultores das concentracións urbanas, especialmente ao longo da costa do mar Vermelo e do océano Índico, no corno de África, moitos dos cales traballaban como intermediarios comerciais entre o Mundo árabe e os nómades do interior.