Pobo xeorxiano
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os xeorxianos,[10] tamén chamados kartvelianos[11] (en xeorxiano: ქართველები, kartvelebi) son un grupo étnico que constitúe a maioría da poboación de Xeorxia. Tamén hai grandes comunidades de xeorxianos en Rusia, Turquía, Grecia, Irán, Ucraína, os Estados Unidos, e nalgúns países da Unión Europea.
Datos rápidos Poboación, Xeorxia ...
Pobo xeorxiano | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: c 4 millóns | |
Rexións principais: | |
Xeorxia | 3 223 600[1] |
Rusia | ~157 803[2] |
Irán | ~100 000[3] |
Ucraína | ~34 199[4] |
Grecia | ~27 400[5][6] |
Italia | ~14 045[7] |
Turquía | ~158 000[8] |
Canadá | ~3 155[9] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Xeorxiano e outras linguas kartvelianas |
Relixión | Cristianismo Igrexa ortodoxa xeorxiana |
Pechar
Este artigo amosa letras xeorxianas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Os xeorxianos proveñen dos antigos habitantes da Cólquida e do Reino de Iberia. Despois da cristianización de Iberia por San Nino, foron un dos primeiros pobos en aceptar a fe de Xesús a comezos do século IV, e no presente, a maioría dos xeorxianos son cristiáns ortodoxos e seguen á Igrexa ortodoxa xeorxiana. Tamén hai pequenas comunidades xeorxianas católicas e musulmás en Tbilisi e Adzaria, así como un significativo número de non relixiosos.