Poeta de guerra
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un poeta de guerra ou poeta bélico é un poeta que participa nunha guerra e escribe sobre as súas experiencias, ou tamén un non combatente que escribe poemas sobre a guerra. O termo máis frecuente en inglés (war poet)[1] aplícase aos que serviron durante a Primeira guerra mundial, pero tamén se pode aplicar a calquera poeta que escribe sobre a guerra, desde a Ilíada de Homero, á guerra civil española, a guerra de Crimea, ou calquera outra. Os xeitos de abordar o tema tamén son múltiples, desde a exaltación á tristeza, o horror ou a miseria; dos cantos de vitoria, ás sátiras contra o inimigo, incitacións á vinganza etc. Un mesmo autor pode cambiar o seu enfoque, como por exemplo Siegfred Sassoon pasou dun romanticismo patriótico a plasmar nos seus poemas a desolación e o desastre da guerra nun ton pacifista.[2]