Política do fillo único
From Wikipedia, the free encyclopedia
A política dun fillo por parella ou política do fillo único é unha medida de control da poboación establecida en zonas urbanas de China , vixente entre o ano 1979 e finais do 2015, co obxectivo de establecer un radical control da natalidade que reducise o crecemento da poboación excesivo ou superpoboación. China é o país máis poboado do mundo, alberga a quinta parte da poboación mundial.[1][2]
O goberno chinés introduciu a política en 1978 para aliviar os problemas sociais e ambientais da China.[3] A política é polémica tanto dentro como fóra da China debido ás cuestións que expón; debido á maneira na cal se aplicou (para algunhas persoas agresiva), e debido ás preocupacións polas consecuencias económicas e sociais negativas. No entanto, exames recente emprendidos polo centro de investigación do banco da China, demostraron que preto do 75% da poboación, apoia a política.[4]
En febreiro de 2008 o oficial do goberno chinés, Wu Jachutomiko, dixo que a política do sempai sería reconsiderada.[5][6]
A política facíase cumprir a nivel provincial a través de multas na renda ou pago da familia e doutros factores.[7] En novembro de 2013, no Terceiro Pleno do 18 Comité Central do Partido Comunista Chinés (PCCh), tomouse a decisión de permitir ter dous fillos ás parellas nas cales o pai ou a nai non teñan irmáns. Esta medida supón un cambio na controvertida política do fillo único.[8]
En outubro de 2015 China abandonou definitivamente esta política, mantendo con todo, un límite de dous fillos por parella. A implantación da nova política será gradual; as parellas que desexen ter un segundo fillo seguirán un proceso de solicitude simplificado.[9]