Polgariño
From Wikipedia, the free encyclopedia
Polgariño (Daumesdick en alemán, Le Petit Poucet en francés, Pulgarcito en castelán e Polegarzinho en portugués) é un conto de fadas europeo escrito en francés por Charles Perrault no século XVII e reescrito en alemán no século XIX polos irmáns Grimm (conto número 37 da antoloxía; o número 45 chámase As viaxes de Polgariño, As andanzas de Polgariño ou As aventuras de Polgariño (Daumerlings Wanderschaft ou Des Schneiders Daumerling Wanderschaft), e é precursor dos contos de fadas ingleses chamados Tom Thumb (coñecidos tamén en galego coma Polgariño). O conto de Polgariño foi traducido ao galego xa no século XX, entre outros, por Fran Alonso, e tamén por Xavier Senín para Galaxia en 1991.
Polgariño | |
---|---|
Título orixinal | Francés: Le Petit Poucet; Alemán: Daumesdick; |
Autor/a | Irmáns Grimm, e outros (Perrault) |
Orixe | Alemaña, Francia |
Lingua | francesa- alemá (traducións ao galego) |
Tema(s) | Conto |
Xénero(s) | Conto de fadas |
Data de pub. | s.XVII (Francia), s.XIX (Alemaña) |
Tradución | Fran Alonso, Xavier Senín... (ao galego) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O conto Polgariño (Daumesdick) corresponde aos tipos 41 e 700 da clasificación de Aarne-Thompson-Uther: Comer en exceso da despensa e Tomé Polgar (Tom thumb ou Tom Pouce).[1]