Porcelana de Kutani
From Wikipedia, the free encyclopedia
A porcelana de Kutani (九谷焼, Kutani-yaki?) é un tipo de porcelana xaponesa esmaltada que toma o seu nome da localidade homónima (hoxe parte da cidade de Kanazawa, prefectura de Ishikawa). As primeiras pezas datan de mediados do século XVII e a súa produción esténdese até a actualidade. [1] Durante unha parte do período Edo, na era Genroku, desapareceu, sen que se saiba exactamente o motivo, e reapareceu na era era Hōei, no século XVIII.
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O termo kutani significa "Nove Vales". A primeira mención foi en 1655 durante a era Meireki. Segundo a tradición, as pedras aptas para a fabricación de porcelana foran encontradas nas minas Kutani do clan Daishoji. Gotō Saijirō, un membro do clan Maeda, foi enviado por ordes do señor Toshiharu Maeda do domínio Kaga para Arita na provincia de Hizen para aprender a facer porcelana, e montou un forno na aldea de Kutani.[2] Os señores de Kaga tornáronse grandes patronos de cerámica Kutani. As porcelanas deste período inicial son especificamente chamadas de Ko Kutani (古九谷) e son moi escasas.[1]
As porcelanas do pintor Kusuni Morikage, caracterizadas por un debuxo decorativo moi ben definido pola liña negra do contorno, gozaron de grande éxito. A porcelana de Kutani fíxose famosa nunha exhibición en 1873, exposta a todo o mundo, e fixo que se tornase popular en Occidente. Un dos maiores coleccionistas desta porcelana, hoxe en día, é o americano John Wocher, nacionalizado xaponés.