Pornografía infantil
From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase pornografía infantil toda representación de menores de idade de calquera sexo en condutas sexualmente explícitas. Pode tratarse de representacións visuais, descritivas (por exemplo en ficción) ou mesmo sonoras. O acceso a contidos pornográficos en xeral evolucionou segundo evolucionaron os distintos medios; literatura, fotografía, vídeo, cinema, DVD, debuxos de animación ou a propia Internet. Internet permitiu detectar e perseguir a produtores e distribuidores de contidos ilegais que durante décadas operaran impunemente, pero tamén facilitou enormemente o acceso a este tipo de pornografía.
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
O NCMEC (National Center for Missing & Exploited Children) estima que ao redor do 20% de toda a pornografía en Internet contén imaxes de nenos.[Cómpre referencia]