Prince of Persia: The Sands of Time (filme)
filme de 2010 dirixido por Mike Newell / From Wikipedia, the free encyclopedia
Prince of Persia: The Sands of Time é un filme estadounidense de 2010 dirixido por Mike Newell. Foi escrito por Jordan Mechner, Boaz Yakin, Doug Miro e Carlo Bernard, producido por Jerry Bruckheimer e distribuído por Walt Disney Pictures. Está protagonizado por Jake Gyllenhaal que interpreta o príncipe Dastan, Gemma Arterton como a princesa Tamina, Ben Kingsley como Nizam e Alfred Molina como Sheik Amar. O filme ten o mesmo título que o videoxogo Prince of Persia: The Sands of Time desenvolvido e distribuído por Ubisoft, e está principalmente baseado nel. Tamén foron incorporados algúns elementos dos xogos Warrior Within e The Two Thrones, os outros dous títulos da triloxía Sands of Time. Recibiu críticas dispares e recadou $336 millóns fronte a un orzamento de $150–200 millóns.
Prince of Persia: The Sands of Time | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Prince of Persia: The Sands of Time |
Director | Mike Newell |
Produtor | Jerry Bruckheimer |
Guión |
|
Baseado en | Prince of Persia de Jordan Mechner |
Intérpretes |
|
Música | Harry Gregson-Williams |
Fotografía | John Seale |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | Walt Disney Studios Motion Pictures |
Estrea | Londres: 9 de maio de 2010 28 de maio de 2010 |
Duración | 116 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción e aventuras |
Orzamento | $150–200 000 000[1] |
Recadación | $336 400 000[2] |
Na rede | |
http://disney.go.com/disneypictures/princeofpersia | |