Pripyat
From Wikipedia, the free encyclopedia
Pripyat ou Prípiat[Cómpre referencia] (en ucraíno При́п'ять, ’Prypyat’; en ruso При́пять, ’Pripyat’) é unha cidade pantasma na zona de exclusión ao norte da Ucraína, na rexión de Kíiv, próxima á fronteira con Belarús.[1] Debe o seu nome ao río que atravesa a cidade.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Прип’ять (uk) | ||||
Nomeado en referencia a | Río Prípiat | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Ucraína | |||
Óblasts | Oblast de Kiev (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 0 (2019) (0 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 8 km² | |||
Altitude | 127 m | |||
Creación | 4 de febreiro de 1970 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 255614 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 4499 | |||
Identificador KOATUU | 3211100000 | |||
Páxina web | pripyat.com |
Esta cidade é coñecida por sufrir os efectos do accidente nuclear o 26 de abril de 1986, cando se produciu o sobrequecemento e explosión do reactor número 4 da central nuclear de Chernóbil, o cal emitiu 500 veces máis radiación que a bomba atómica que foi lanzada sobre Hiroshima en 1945. A cidade foi afectada pola radiación e tivo que ser evacuada.
A evacuación foi levada a cabo polo Exército Vermello 36 horas despois do accidente, a maioría dos habitantes foron evacuados das súas casas para protexelos da enorme radiación, os animais domésticos e o gando deberon ser deixados atrás e sacrificados para evitar alteracións xenéticas e morte nos seus descendentes.