Propofol
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Propofol é o Nome internacional non propietario (ou INN, siglas do inglés International Nonproprietary Name), dun axente hipnótico/amnésico de acción rápida que se administra por vía intravenosa. Utilízase en medicina para a indución e mantemento dunha anestesia xeral, sedación en adultos sometidos a ventilación mecánica, e sedación moderada durante procedementos diagnósticos (por exemplo, en endoscopias). Tamén se usa en veterinaria. O uso do propofol está aprobado en máis de 50 países, e disponse de versións xenéricas.
Propofol | |
---|---|
2,6-diisopropilfenol | |
Identificadores | |
Número CAS | 2078-54-8 |
PubChem | 4943 |
ChemSpider | 4774 |
UNII | YI7VU623SF |
DrugBank | DB00818 |
KEGG | D00549 |
ChEBI | CHEBI:44915 |
ChEMBL | CHEMBL526 |
Código ATC | N01AX10 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C12H18O |
Masa molar | 178,27 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Quimicamente o propofol non está relacionado cos barbituratos e foi en grande medida un substituto do tiopental sódico (Pentothal) para a indución de anestesia porque a recuperación do tratamento con propofol é máis rápida e "clara" se a comparamos coa do tiopental. O propofol non se considera un analxésico, polo que se pode combinar con opioides como o fentanil para aliviar a dor.[1] O propofol tense denominado tamén leite de amnesia (facendo un xogo de palabras con leite de magnesia), porque a súa preparación intravenosa ten unha aparencia leitosa.[2] Está incluído na Lista de medicinas esenciais da Organización Mundial da Saúde, na que figuran as medicinas máis importantes que se necesitan nun sistema sanitario.[3]