Provincia da Rioxa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A provincia da Rioxa[1] é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 331.847 habitantes (2010) e a súa capital é A Rioxa, onde se concentra a metade da poboación provincial.
Situada no noroeste do país, limita polo noroeste con Chile, polo oeste coa provincia de San Juan, polo sur con San Luis, polo leste con Córdoba e polo norte con Catamarca.
Con 89 680 km² que representa o 3,22% do territorio arxentino, na Rioxa predomina un relevo montañoso de escasa vexetación sen a presenza dun curso de auga permanente.
A súa economía susténtase a partir da agricultura baixo rego artificial, coa produción de vide e oliveiras principalmente, aínda que tamén creceu considerablemente o turismo nos últimos anos, sobresaíndo o Parque Nacional Talampaya, como principal atractivo.