Pîhtokahanapiwiyin
From Wikipedia, the free encyclopedia
Pîhtokahanapiwiyin (en cree: ᐱᑎᐧᑲᐦᐊᓇᐱᐧᐃᔨᓐ), nado c. 1842 e finado o 4 de xullo de 1886, tamén coñecido como Poundmaker, foi un xefe cree das chairas coñecido por ser un pacificador e defensor do seu pobo, a Nación Cree Poundmaker. O seu nome fai referencia á súa habilidade especial para conducir os bistontes aos recintos para a súa caza.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1842 Battleford (América do Norte Britânica) |
Morte | 4 de xullo de 1886 (43/44 anos) Gleichen, Canadá (pt) , preto do lugar |
Causa da morte | pulmonary hemorrhage (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Canadá |
Grupo étnico | Cree |
Actividade | |
Ocupación | Xefe tribal |
Lingua | Plains Cree (en) |
Pechar
Este artigo amosa letras nativas canadenses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
En 1885, durante a rebelión métis, a súa banda foi atacada por tropas canadenses e produciuse unha batalla. Despois de que a rebelión foi reprimida, rendeuse e foi condenado por traizón e encarcerado. Morreu de enfermidade pouco despois da súa liberación. En maio de 2019, o Primeiro Ministro canadense Justin Trudeau exonerou o xefe e pediu desculpas á Nación Cree Poundmaker.[1]