Pólvora
From Wikipedia, the free encyclopedia
A pólvora[1] é unha substancia explosiva utilizada principalmente como propulsor de proxectís nas armas de fogo, e como propulsor e con fins acústicos nos xogos pirotécnicos.
A primeira pólvora fabricada é a denominada pólvora negra, que está composta de determinadas proporcións de carbón, xofre e nitrato de potasio. A máis popular ten 75 % de nitrato de potasio, 15 % de carbono e 10 % de xofre (porcentaxes en masa/masa). Actualmente utilízase en pirotécnicos e como propelente de proxectís en armas antigas. As modernas pólvoras están baseadas en explosivos, como o TNT, que con diversos elementos reduce a súa velocidade de combustión a fin de lograr un efecto de propelente antes que un efecto explosivo puro.
As vantaxes das pólvoras modernas son o seu baixo nivel de fume, baixo nivel de depósito de produtos de combustión na arma e a súa homoxeneidade, o que garante un resultado consistente, co que aumenta a precisión dos disparos.