Qantas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Qantas Airways Limited é a aeroliña nacional de Australia. O nome é un acrónimo de "Queensland and Northern Territory Aerial Services", xa que orixinalmente servía Queensland e o Territorio do Norte, e ten o alcume de "The Flying Kangaroo" (o canguro voador). Ten a súa base no aeroporto de Sydney. É a aeroliña máis grande de Australia e a terceira máis antiga do mundo aínda en servizo, tras KLM e Avianca.[1] A sede de Qantas está situada no Qantas Centre, no suburbio de Mascot en Sydney. Qantas é un dos membros fundadores da alianza de aeroliñas Oneworld.[2]
Qantas | ||
---|---|---|
IATA QF | OACI QFA | Indicativo QANTAS |
Fundación | 16 de novembro de 1920 | |
Inicio das operacións | marzo de 1921 | |
Plan de voo frecuente | Qantas Frequent Flyer | |
Alianza | Oneworld | |
Frota | 147 | |
Destinos | 41 | |
Eslogan da compañía | Spirit of Australians | |
Sede | Sydney | |
Páxina web: http://www.qantas.com.au |
Qantas ten varias aeroliñas filiais que operan cara centros rexionais e realizan algunhas rutas troncais en Australia baixo o nome de QantasLink. Qantas temén é propietaria de Jetstar, unha aeroliña de baixo custo que opera tantos servizos internacionais dende Australia como servizos domésticos en Australia e Nova Zelandia, e ten accións en outras aeroliñas do Grupo Jetstar.