Río Obi
río de Rusia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Obi ou río Ob (en ruso Река Обь) é un río de Rusia cunha cunca de aproximadamente 3.000.000 de km² que chega até terras de Casaquistán, Mongolia e a China. É o máis occidental dos tres grandes cursos de auga de Siberia. A semellanza do Ienisei e o Lena, o Obi, que nace no macizo de Altai e desemboca nun extenso estuario no mar de Kara, corre en dirección sur-norte e drena unha gran rexión caracterizada fundamentalmente polas súas baixas altitudes.
Río Obi (Река Обь) | |
---|---|
Vista aérea do río preto de Barnaul | |
País | Rusia |
Nacemento | Macizo de Altai |
Lonxitude | Só o Obi, 3.650 km Obi-Irtysh, 5.410 km |
Conca | 2.972.497 km² |
Caudal medio | 12.500 m³/s |
Desembocadura | Golfo do Obi |
Co seu gran afluente, o río Irtish, o río siberiano constitúe unha das máis longas arterias fluviais do mundo, cun curso de máis de 5.400 km. O Obi e os seus principais tributarios, ofrecen posibilidades de navegación estacional, representando unha vía de comunicación moi importante para un espazo con forte potencial de desenvolvemento e, tamén, un eixe de poboamento dominado por algunhas grandes cidades como Novosibirsk, Ekaterimburgo e Omsk, grandes centros industriais. A cunca do gran río, durante as últimas décadas, converteuse no principal lugar de extracción de hidrocarburos da Federación Rusa. Estas actividades humanas, fontes de riqueza e tamén de contaminación, ameazan medios naturais ricos e variados.
Administrativamente, discorre polos suxeitos federais da Federación de Rusia do krai de Altai, as oblast de Novosibirsk e Tomsk, e os distritos autónomos de Khantia-Mansia e Iamalo-Nenets.