Rafer Johnson
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rafer Lewis Johnson Lewis, nado en Hillsboro (Texas) o 18 de agosto de 1935[1] e finado en Sherman Oaks o 2 de decembro de 2020,[2] foi un decatleta e actor de cinema estadounidense. Gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1960 e a medalla de prata en 1956. Previamente gañara o ouro nos Xogos Panamericanos de 1955. Tamén foi o portador da bandeira dos Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de 1960 e acendeu a chama olímpica nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles en 1984.
En 1968 el, o futbolista Rosey Grier e o xornalista George Plimpton derribaron a Sirhan Sirhan momentos despois de que disparase fatalmente a Robert F. Kennedy.
Despois de retirarse do atletismo, Johnson converteuse en actor, comentarista deportivo e foi fundamental na creación dos Special Olympics de California. A súa carreira interpretativa inclúe aparicións en The Sins of Rachel Cade (1961), o filme de Elvis Presley Wild in the Country (1961), Pirates of Tortuga (1961), None but the Brave (1965), dous filmes de Tarzan con Mike Henry, The Last Grenade (1970), Soul Soldier (1970), Roots: The Next Generations (1979), Think Big (1990) e o filme de James Bond de 1989 007: Licencia para matar, con Timothy Dalton.