Rally Terra da Auga
proba automobilística / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Rally Terra da Auga é unha proba de rally organizada dende 2014 nas comarcas de Betanzos e Arzúa, polo equipo A.D.N. Motor, ligado á Escudería Coruña,[1] e que é puntuable para o Súper Campionato de España de Rallys.
Datos rápidos Fundación, Rexión ...
Rally Terra da Auga | |
---|---|
Xevi Pons, tres veces gañador do rally, na edición de 2018 | |
Fundación | 2014 |
Rexión | Comarca de Betanzos Comarca de Arzúa |
Máis laureado | Xevi Pons |
Organizador | A.D.N. Motor |
Sitio web | rallydaauga.com |
Pechar
Ata 2020 foi puntuable para o Campionato de España de Rallys de Terra. Inicialmente recibiu o nome de Rally Concello de Curtis, despois pasou a chamarse Rally Terras do Mandeo e dende 2017 leva o nome actual.[2][3]