Rami Malek
actor estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Rami Said Malek (|ˈrɑːmi ˈmælɪk|[1][2]), nado nos Ánxeles o 12 de maio de 1981, é un actor estadounidense. O papel co que se deu a coñecer foi co hacker Elliot Alderson na serie de televisión de USA Network Mr. Robot (2015), polo que recibiu varios premios, incluído un Emmy ao mellor actor nunha serie dramática. En 2018, interpretou a Freddie Mercury no filme biográfico Bohemian Rhapsody, polo que tamén gañou varios premios, entre eles o Oscar, o Globo de Ouro e o premio da BAFTA. Foi o primeiro actor de orixe exipcia que gañou o Oscar ao mellor actor.[3]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar