Renault na Fórmula 1
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Grupo Renault participou na Fórmula Un como construtor, baixo o nome de Renault Sport Fórmula 1 Team. Involucráronse coa Fórmula 1 tanto como construtores como fornecedores de motores durante varios períodos desde 1977. En 1977, a empresa entrou na Fórmula Un como construtor, presentando o motor Turbo no seu primeiro coche de Fórmula Un, o Renault RS01. En 1983, Renault comezou a fornecer motores a outros equipos. Aínda que o equipo Renault gañou carreiras e competiu polo título mundial, retirouse ao final da tempada de 1985. Renault continuou fornecendo motores a outros equipos ata 1986, e de novo de 1989 a 1997.
Suxeriuse que "Renault Sport F1" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Suxeriuse que "Renault F1 Team" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Nome completo | Renault F1 Team |
---|---|
Bandeira | Francia |
Baseada en | Enstone, Oxfordshire, Reino Unido (chasisi) Viry-Châtillon, Essonne, Francia |
Tempadas en activo | 24, Équipe Renault Elf 1977-1985, Renault F1 2002-2010, Lotus Renault GP 2011, Renault Sport F1 Team 2016-2020 |
Número de pilotos | |
Debut | Gran Premio do Reino Unido de 1977 |
Carreiras | 403 (400 saídas) |
Campionatos de Construtores | 2 (2005-2006) |
Campionatos de Pilotos | 2 (2005-2006) |
Vitorias | 35 |
Pole positions | 51 |
Voltas Rápidas | 33 |
Puntos totais | |
Derradeiro GP | Gran Premio de Abu Zabi de 2020 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Renault volveu á Fórmula Un no 2000, cando adquiriu a base do equipo Benetton Formula (anteriormente Toleman Motorsport) en Enstone, un equipo que gañara o campionato de pilotos en 1994 e ambos o campionatos, pilotos e construtores, en 1995. En 2002 Renault rebautizou o equipo como "Renault F1 Team" e empezaron a usar "Renault", como o seu nome de construtor, posteriormente gañou dous campionatos de pilotos e de construtores dous anos seguidos, en 2005 e 2006.
Para a tempada 2011 de Fórmula Un o equipo competiu baixo o nome de Lotus Renault GP[1] En 2012, o equipo correu como Lotus F1, ata 2016, cando o equipo regresou ao control de Renault como fabricante oficial. Ao remate da tempada 2020 a compañía francesa Grupo Renault propietario de Renault F1 Team decidiu cambiar o nome para o 2021 para promover a marca de vehículos deportivos de Renault, Alpine, e continuara sendo o equipo oficial de Renault.
Renault tamén forneceu motores a outros equipos, incluíndo Team Lotus (1983-1987), Benetton Formula (1995-1997, 2001) e Williams (1989-97, 2012-13). Ademais dos dous campionatos propios de pilotos ( 2005, 2006) e dos dous de construtores , como fornecedor de motores, Renault contribuíu a outros nove Campionatos do Mundo de Pilotos. Logrou máis de 160 vitorias como fornecedor de motores, ocupando o terceiro lugar na historia da Fórmula Un.