República Democrática do Congo
Estado de África Central, capital Kinshasa / From Wikipedia, the free encyclopedia
A República Democrática do Congo[1][2] (République Démocratique du Congo en francés, Repubilika ya Kongo Demokratika en congo, Jamhuri ya Kidemokrasia ya Kongo en kiswahili, Republiki ya Kɔ́ngɔ Demokratiki en lingala e Ditunga día Kongu wa Mungalaata en tshiluba), tamén coñecida baixo os nomes de Congo Kinshasa e Congo, é un país de África central, coñecido de 1971 a 1997 baixo o nome de Zaire. Foi unha antiga colonia belga: o Congo Belga. A capital é Kinshasa. Está situado na zona dos grandes lagos de África e é o terceiro país maior do continente. Limita coa República Centroafricana e o Sudán polo norte, Uganda, Ruanda, Burundi e Tanzania polo leste, Zambia e Angola polo sur, e a República do Congo polo oeste. Ten acceso ao mar a través dunha estreita franxa de 40 km de costa, seguindo o río Congo até o golfo da Guinea. O nome “Congo” ten a súa orixe nos nativos congo, asentados nas ribeiras do río Nzadi ou Zaire, rebautizado en portugués como río Congo.
République démocratique du Congo (fr) | |||||
Himno | Debout Congolais | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Justice – Paix – Travail» «Justice – Peace – Work» «Справедливост - мир - труд» «Cyfiawnder - Heddwch - Gwaith» | ||||
Símbolo oficial | Ocapi | ||||
Nomeado en referencia a | Río Congo | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Kinshasa | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 86.790.567 (2019) (37,01 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.344.858 km² | ||||
Auga | 3,3 % | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Punto máis alto | Monte Stanley (5.109 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Atlántico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 30 de xuño de 1960: República do Congo (Léopoldville) (pt) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
• Presidente da República Democrática | Félix Tshisekedi (2019–) | ||||
Órgano executivo | Government of the Democratic Republic of the Congo (en) | ||||
• Primeiro ministro da República Democrática | Sylvestre Ilunga (pt) (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento da República Democrática do Congo (pt) , | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 55.350.968.593 $ (2021) | ||||
Moeda | Franco congolés | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | UTC+01:00 (→ Equador (pt) , Bandundu (pt) , Kinshasa, Kongo-Central) UTC+02:00 (→ Maniema (pt) , Quivu do Sul (pt) , Quivu do Norte (pt) , Katanga, Kasaï-Oriental (pt) , Kasaï Ocidental (pt) , Orientale (pt) ) | ||||
Dominio de primeiro nivel | .cd | ||||
Prefixo telefónico | +243 | ||||
Teléfono de emerxencia | 113, 114 (pt) e 118 | ||||
Código de país | CD | ||||
A RDC é dona dunha densa e variada historia que se inicia cos primeiros inmigrantes bantús que chegaron á zona, co que se convertería no epicentro do gran Reino do Congo a mediados do século XV. Despois de ser reclamado o territorio pola Asociación Internacional Africana (propiedade do rei Leopoldo II de Bélxica) como Estado Libre, e logo dunha colonización particularmente brutal por parte de Bélxica, a colonia do Congo Belga alcanzaría a independencia en 1960, para transformarse en Zaire baixo a éxida do ditador Mobutu Sese Seko. Durante o goberno de Sese Seko o país viuse sometido a un goberno autoritario, violento e cleptócrata, que arruinou a economía do Congo. A caída deste último provocou o inicio dunha grave guerra civil que dexeneraría nunha conflagración continental,[3][4] na cal interviñeron forzas armadas de máis de sete países, deixando como tráxico saldo máis de 5,4 millóns de mortos dende 1998.[5][6][7] Máis do 90% desas mortes foron o resultado da malaria, da diarrea, da pneumonía e da desnutrición, agravadas todas elas polas duras condicións de vida provocadas pola guerra.[8] O resultado foi a intervención da ONU coas forzas de paz organizadas na MONUC. Entre 2003 e 2007 o país viviu unha tensa calma, baixo a dirección dun goberno de transición. No final de 2006 houbo uns comicios nos que resultou electo para presidente Joseph Kabila, quen até entón exercía as funcións interinamente.
A República Democrática do Congo é moi rica en recursos naturais, mais a inestabilidade política, a falta de infraestruturas e a cultura da corrupción, limitaron historicamente o seu desenvolvemento. Alén da capital, Kinshasa, as outras cidades importantes do país son Lubumbashi e Mbuji-Mayi, e as exportación máis relevantes son as de minerais para a China, que acolle o 50% das exportacións do país.