República Social Italiana
From Wikipedia, the free encyclopedia
A República Social Italiana (en italiano, Repubblica Sociale Italiana; RSI, AFI: [ˌɛrreˌɛsseˈi]), máis coñecida como República de Saló (Repubblica di Salò, [reˈpubblika di saˈlɔ]), foi un Estado monicreque da Alemaña nazi[1][2] que existiu durante os últimos anos da segunda guerra mundial, até que foi derrocada polos partisanos italianos. Foi establecido no norte de Italia, que estaba ocupada pola Wehrmacht alemá cando as forzas aliadas tomaron as rexións do sur do país.[3] Tiña formalmente a súa capital na cidade de Roma, mais na localidade de Salò residían case todos os seus líderes e alí encontrábase tamén situada a Agenzia Stefani, órgano oficial do Goberno italiano que enviaba desde Salò as mensaxes á prensa.
Repubblica Sociale Italiana (it) | |||||
Himno | Giovinezza | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Salò (pt) Roma | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 23 de setembro de 1943 | ||||
Disolución | 25 de abril de 1945 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | unipartidismo presidencialismo | ||||
Membro de | |||||
Moeda | Lira italiana | ||||
O novo Estado foi proclamado o 23 de setembro de 1943.[2] A pesar de que a RSI reclamaba baixo a súa soberanía a maior parte dos territorios italianos, a realidade é que o seu control político reduciuse a unha pequena porción territorial no norte de Italia. Aínda por riba, a República de Salò só recibiu recoñecemento diplomático de Alemaña, Xapón e os seus Estados monicreques, o que reflectía a escasa influencia do novo réxime. Benito Mussolini foi o seu primeiro e único xefe de Estado, constituíndo a RSI a última encarnación do modelo fascista italiano. A pesar do poder teórico que ostentaba Mussolini, oficiais de alto rango como o embaixador alemán Rudolf Rahn ou o comandante das forzas alemás en Italia, o xeneral Karl Wolff, eran os que tomaban as principais decisións políticas e militares.[4]