Ribeira Sacra
zona das ribeiras do río Sil e do Miño / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Ribeira Sacra é unha paraxe natural galega que comprende as ribeiras dos ríos Sil, Cabe e Miño. Sitúase na zona sur da provincia de Lugo e a zona norte da de Ourense. A súa capital acordouse que fose a vila lucense de Monforte de Lemos.
O 5 de abril de 2019, o Consello de Patrimonio Histórico do Ministerio de Cultura aprobou a súa candidatura para formar parte da lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO. A decisión tomarase no 45º Comité de Patrimonio Mundial, no verán de 2021.[1][2]