Rocamadour
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rocamadour (en francés e oficialmente) ou Ròc Amador (en occitano) é unha localidade e comuna francesa situada no departamento de Lot, na rexión de Mediodía-Pireneos. Atópase ao leste da cidade de Bordeos e ao norte da cidade de Montauban. Forma parte dun val aberto na montaña calcaria do Causse polo río Alzou.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Occitania | ||||
Departamento | Lot | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 611 (2021) (12,36 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 49,42 km² | ||||
Altitude | 279 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46500 | ||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | mairierocamadour.fr | ||||
O seu nome vén das reliquias de San Amador cuxo corpo, presuntamente incorrupto, foi atopado por monxes Bieitinos no interior do santuario mariano, no ano 1162.
Este poboado, debido á gran beleza da súa situación, faino apta para os artistas e excita a curiosidade dos arqueólogos; pero o seu reputación provén especialmente do soado santuario da Virxe Negra, que durante séculos atraeu peregrinos de todos os países, entre eles reis, bispos, e nobres.
Reis como Lois IX de Francia, Henrique II de Inglaterra e Afonso III de Portugal, ou predicadores como Domingos de Guzmán ou Antonio de Padua, mariños como Jacques Cartier, o compositor Francis Poulenc, descoñecidos ou famosos, moitos subiron a grande escaleira.[1]
A cidade tamén dá o seu nome Rocamadour ao queixo de leite con denominación de orixe, desde o ano 1996, o cal elabórase cun certo tipo de cabra.
Aínda que os peregrinos da Idade Media fixeron o camiño de Santa María de Rocamadour, o novo camiño de Santiago, elixido no século XX grazas aos camiños de excursión chamados GR, transformou esta dirección nunha variante do camiño do Puy-en-Velay, unha das variantes do Camiño francés. Ao longo deste novo carreiro, pódense atopar bastantes tallas adicadas á Virxe Negra.
A localidade é membro da asociación «Réseau Grands Sites de France», aínda que aínda non mereceu a distinción de Grand site de France.