Rodopsina
From Wikipedia, the free encyclopedia
A rodopsina, tamén chamada púrpura visual (do grego ῥόδον, rhódon, “rosa”, e ὄψις, ópsis, “vista”), é unha proteína receptora sensible á luz. É un pigmento biolóxico situado nas células fotorreceptoras da retina. A rodopsina é o principal pigmento que se encontra nos bastóns da retina. As rodopsinas pertencen á familia dos receptores acoplados á proteína G (GPCR). Son extremadamente sensibles á luz, polo que permiten a visión en condicións de baixa luminosidade.[1] Cando o pigmento se expón á luz sofre inmediatamente un fotobranqueamento, e tarda uns 45 minutos[2] en rexenerarse completamente en humanos. Nos procariotas e outros organismos hai tamén proteínas chamadas rodopsinas doutros tipos.
Rodopsina sensorial II (das cores do arco da vella) integrada nunha bicapa lipídica (cabezas vermellas e colas azuis) coa transducina (Gt) debaixo dela. A Gtα está coloreada en vermello, a Gtβ en azul, e a Gtγ en amarelo. Hai unha molécula de GDP unida na subunidade Gtα e un retinal (en negro) unido á rodopsina. O N-terminal da rodopsina está representado en vermello e o C-terminal en azul. A presunta ancoraxe da transducina á membrana debuxouse en negro. | |
Identificadores | |
Símbolo | RHO |
Símbolos alt. | CSNBAD1; OPN2; RP4 |
Entrez | 6010 |
OMIM | |
PDB | 1edx, 1f88, 1gzm, 1hzx, 1jfp, 1l9h, 1ln6, 1u19, 2g87, 2hpy, 2i35, 2i36, 2i37 1eds, 1edx, 1f88, 1gzm, 1hzx, 1jfp, 1l9h, 1ln6, 1u19, 2g87, 2hpy, 2i35, 2i36, 2i37 |
RefSeq | NP_000530 |
UniProt | P08100 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 3 (129.25 – 129.25 Mb) |