Samuel Johnson
From Wikipedia, the free encyclopedia
Samuel Johnson, nado en Lichfield (Staffordshire) o 18 de setembro de 1709 e finado en Londres o 13 de decembro de 1784, foi unha das figuras literarias máis importantes de Inglaterra: poeta, ensaísta, biógrafo e lexicógrafo e é considerado por moitos como o mellor crítico literario en lingua inglesa. Johnson era posuidor dun gran talento e dunha prosa cun estilo inigualable.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1709 Lichfield |
Morte | 13 de decembro de 1784 (75 anos) Londres |
Causa da morte | complicacións dunha cirurxía |
Lugar de sepultura | Abadía de Westminster |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Gran Bretaña |
Relixión | Igrexa Anglicana |
Educación | Pembroke College (en) (1728–1731) King Edward VI College Stourbridge (en) King Edward VI School (en) |
Actividade | |
Ocupación | lexicógrafo , biógrafo , crítico literario , ensaísta , político , tradutor , mestre , historiador da literatura , escritor , lingüista , poeta , libreiro |
Partido político | Tory (pt) |
Profesores | William Adams (en) |
Alumnos | David Garrick |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Elizabeth Porter (1736–) |
Pais | Michael Johnson (en) e Sarah Ford (en) |
|
Devoto anglicano e politicamente conservador, o Dr. Johnson foi descrito como «sen dúbida, o home de letras máis distinguido da historia inglesa».[1] A pesar da gran calidade da súa obra e a súa enorme celebridade en vida, Johnson é principalmente lembrado por ser o obxecto de «o máis notable exemplo de arte biográfico nas letras inglesas», a biografía escrita polo seu amigo James Boswell, The Life of Samuel Johnson, á que quedou inevitablemente ligado.[2] Famoso pola súa brillante conversa, e grazas aos seus múltiples biógrafos contemporáneos, coñécense gran cantidade de anécdotas do Dr. Johnson. Igualmente, o seu estilo aforístico, a súa filosofía baseada sobre todo no sentido común, e a súa elegancia escrita, fixeron que sexa o segundo autor máis citado da lingua inglesa tras Shakespeare.