Santuario do Bom Jesus do Monte
Igrexa en Braga, Portugal / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Santuario do Bom Jesus do Monte (ou Santuario do Bo Xesús de Braga) é un santuario construído a finais do século XVIII, que se localiza na freguesía de Tenões (dende 2013 fusionada na de Nogueiró), na cidade, concello e distrito de Braga, en Portugal. Trátase dun santuario católico dedicado ao Senhor Bom Jesus (advocación portuguesa de Xesús Cristo).
Santuario do Bom Jesus do Monte | |
---|---|
Fachada da igrexa do Bom Jesus | |
Datos xerais | |
País | Portugal |
Tipo | Igrexa |
Advocación | Señor Bom Jesus (Xesús Cristo) |
Localización | Braga, Provincia de Miño, |
Coordenadas | 41°33′17″N 8°22′39″O |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Braga |
Arquitectura | |
Construción | 1784 - 1834 |
Estilo | Neoclásico, Barroco |
Páxina web | https://bomjesus.pt/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
O santuario é un exemplo notábel de peregrinación. A súa característica máis prominente son as súas escaleiras monumentais barrocas, que salvan un desnivel de 116 metros e onde se desenvolve a Vía Sacra do Bom Jesus, unha área forestal (Parque do Bom Jesus), algúns hoteis e un funicular (Elevador do Bom Jesus). É unha importante atracción turística da cidade de Braga.
Foi elevado a basílica menor o 5 de xullo de 2015.[1]
A súa peculiar disposición serviu de inspiración para outras construcións, como por exemplo o Santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo en Baños de Molgas (Ourense), o Santuario de Nossa Senhora dos Remédios en Lamego, e o Santuario do Bom Jesus de Matosinhos na cidade de Congonhas, en Minas Gerais, no Brasil.
O 20 de xullo de 2015, foi presentada a candidatura do Bom Jesus a Patrimonio Mundial da Humanidade na Comisión Nacional da Unesco.[2]