Sebe
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha sebe (do latín saepe 'valado')[1], sebeiros[2] ou barda é unha asociación de zonas de matogueira e árbores situadas entre os campos de cultivo ou leiras das casas co fin de marcar os lindeiros das terras. As sebes constitúen auténticas "illas" de biodiversidade.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2019.) |
Nalgúns casos constitúen redutos da vexetación autóctona que se mantiveron como valados naturais, porén tamén poden ser creados de xeito artificial (sebe morta), coma os bardados, valados feitos con paus e recubertos con bardas (silveiras, hedras ou outras plantas coma os toxos e mailas xestas).
Na paisaxe rural das campiñas, composto de praderías rodeadas de sebes, estas garanten unha función de fronteira e de retención das augas de escorrentía. Nas rexións onde a vexetación é máis escasa ou naquelas suxeitas aos climas oceánicos onde a vexetación ten dificultades para desenvolverse as sebes substitúense por muros de pedra. Así, na zona do Salnés chámaselle sebe aos muros que delimitan as leiras.[3]
Ás leiras pechadas con valados chámaselles zarra, chousa, chouso ou chouselo.