Selección de fútbol de Paraguai
From Wikipedia, the free encyclopedia
A selección de fútbol de Paraguai é o equipo representativo de Paraguai nas competicións internacioais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Asociación Paraguaia de Fútbol (APF), pertencente á Conmebol. Os guaraníes, como son coñecidos popularmente, estiveron presentes en oito edicións da Copa Mundial de Fútbol, o campionato máis importante no que unha selección nacional pode competir. Foron os de 1930, 1950, 1958, 1986, 1998, 2002, 2006 e 2010. Até o momento, a mellor clasificación puido acadar neste torneo é a de cuartos de final, obxectivo acadado no Mundial de Suráfrica 2010.
Paraguai | |||
---|---|---|---|
Actual campión da Copa do Mundo | |||
Actual campión da Eurocopa | |||
Actual campión da Copa de África | |||
Actual campión da Copa América | |||
Actual campión da Copa Ouro | |||
Actual campión da Copa Asiática | |||
Actual campión da Copa das Nacións da OFC | |||
| |||
| |||
Asociación | Asociación Paraguaya de Fútbol — APF | ||
Confederación | CONMEBOL (Suramérica) | ||
Código FIFA | PAR | ||
Alcume | Guaraníes | ||
Clasificación FIFA | 41 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Eduardo Berizzo | ||
Máis encontros | Paulo da Silva (150) | ||
Máximo goleador | Roque Santa Cruz (32) | ||
Estrea internacional Paraguai 1 – 5 Arxentina Asunción, Paraguai; 11 de marzo de 1919 | |||
Maior vitoria Paraguai 7 – 0 Bolivia Río de Xaneiro, Brasil; 30 de abril de 1949 Hong Kong 0 – 7 Paraguai Hong Kong, China; 17 de novembro de 2010 | |||
Maior derrota Arxentina 6 – 1 Paraguai Santiago, Chile; 20 de outubro de 1926 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 8 (primeira en 1930) | ||
Mellor resultado | Cuartos de final (2010) | ||
Copa América | |||
Participacións | 37 (primeira en 1921) | ||
Mellor resultado | Campións (1953, 1979) | ||
Participou na Copa América en trinta e tres ocasións, conquistándoa nos anos 1953 e 1979, en cuxas finais derrotou ás seleccións do Brasil e Chile, respectivamente. Obtivo ademais o subcampionato cinco veces: en 1922, 1929, 1947, 1949 e 1963. O seu maior éxito nuns Xogos Olímpicos produciuse no torneo masculino de Atenas 2004, onde gañou a medalla de prata. Neste certame a selección paraguaia disputou por primeira e única vez a final dunha competición a nivel mundial. Previamente obtivera a súa pasaxe tras finalizar no segundo lugar do Preolímpico Suramericano Sub-23 de 2004, vencendo no último partido á selección brasileira, quedando esta eliminada. Tamén se clasificou para o torneo masculino de Barcelona 1992, onde chegou até os cuartos de final, gañando como anfitrión o título de campión preolímpico suramericano.