Senado de Italia
cámara alta do Parlamento de Italia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Senado da República (abreviado coma Senado), é unha Asemblea lexislativa que –xuntamente coa Cámara de deputados– constitúe o Parlamento italiano. Atópase no Palazzo Madama, unha das antigas residencias dos Médici en Roma.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde decembro de 2018) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
Foi establecido o 1 de xaneiro de 1948, en substitución do Senado do Reino (Senato del Regno) activo durante o Reino de Italia, e instalouse por primeira vez o 8 de maio do mesmo ano coas primeiras eleccións lexislativas[1]. A Constitución italiana, logo da modificación constitucional de 1963, reduciu a duración do mandato a 5 anos, e establece que o Senado está constituído por 315 senadores electos, 309 escollidos en base territorial e 6 de entre os italianos residentes no exterior. O mandato electoral dos senadores coincide coa lexislatura, e dura cinco anos, agás disolución anticipada das Cámaras, por parte do Presidente da República. Ademais dos 315 senadores escollidos, tamén son parte do Senado, como senadores vitalicios os expresidentes da República, por dereito e agás renuncia, e até cinco senadores nomeados polo Presidente da República por grandísimos méritos. Dende o 19 de xaneiro de 2018, os senadores vitalicios son seis, un por dereito e cinco por nomeamento presidencial.
O Senado e a Cámara posúen o mesmo peso na votación das leis, o que fai que o Parlamento italiano sexa un exemplo de "bicameralismo perfeto", debido ao equilibrio entre as funcións de ambas as dúas institucións. O Senado pode ser disolto polo Presidente da República, despois de consultar ao Presidente do Senado. Ese poder é normalmente exercido cando no Senado non se forma unha maioría política.