Sergio Pérez Mendoza
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sergio Michel Pérez Mendoza, máis coñecido como Sergio "Checo" Pérez, nado en Guadalaxara (Xalisco) o 26 de xaneiro de 1990[1][2], é un piloto de automobilismo mexicano. É piloto de Red Bull Racing, pilotou previamente para Sauber, McLaren, Force India e Racing Point.
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Sergio Michel Pérez Mendoza 26 de xaneiro de 1990 (34 anos) Guadalaxara, México | ||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||
País de nacionalidade | México | ||||||||||||||||
Altura | 173 cm | ||||||||||||||||
Peso | 64 kg | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un | ||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá, Castelán mexicano e lingua inglesa | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | México | ||||||||||||||||
Deporte | automobilismo competición de Fórmula 1 | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
2010 | Temporada de GP2 Series de 2010 (pt) | ||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Irmáns | Antonio Pérez (en) | ||||||||||||||||
Páxina web | sergioperezf1.com | ||||||||||||||||
Pérez, quen actualmente reside en Schindellegi, Suíza, foi membro da Academia de pilotos de Ferrari ata o ano 2012. Logrou o seu primeiro podio na Fórmula Un no Gran Premio de Malaisia de 2012 con Sauber.
Pérez uniuse a McLaren na tempada 2013, en substitución de Lewis Hamilton quedando como compañeiro de Jenson Button. Deixou o equipo con sede en Woking logo dunha soa tempada con eles, despois de que o equipo decidira asinar ao piloto dinamarqués Kevin Magnussen, deixando a Pérez sen asento.[3][4] En decembro de 2013, anunciouse que Force India contratara a Pérez, nun acordo de 15 millóns de euros.[5] Permaneceu con Force India despois de que entrasen en concurso de acredores no segundo semestre de 2018, e logo da súa conversión como Racing Point F1 Team en 2019.
En 2019, Racing Point asinou con Pérez unha prórroga de tres anos, que duraría ata finais de 2022.[6] Non obstante, máis tarde anunciou que abandonaría o equipo ao final da tempada 2020 e fichou por Red Bull Racing para a tempada 2021.[7]
Gañou o seu primeiro Gran Premio de Fórmula Un no Gran Premio de Sakhir de 2020, batendo a récord de número de saídas antes dunha vitoria de carreira en 190.[8] Tamén gañou o seu primeira pole position na Fórmula 1 no Gran Premio de Arabia Saudita de 2022, batendo o récord de máis carreiras antes dunha primeira pole position en 215.[9] Pérez ten contrato con Red Bull Racing ata o final da tempada 2024.[10]