Sinfonía n.º 9 (Beethoven)
Sinfonía de Ludwig van Beethoven / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Sinfonía n.º 9 en re menor, op. 125, coñecida tamén como "Coral", é a derradeira sinfonía completa do compositor alemán Ludwig van Beethoven. É unha das obras máis trascendentais, salientables e populares da música e a arte. O seu último movemento é un final coral sorprendentemente infrecuente na súa época que se converteu en símbolo da liberdade. Precisamente, unha adaptación da sinfonía, realizada por Herbert von Karajan é, dende 1972, o himno da Unión Europea (UE).[1] En 2001, a partitura orixinal da sinfonía inscribiuse no Rexistro da Memoria do Mundo da UNESCO, onde forma parte, xunto con outros sobresalientes monumentos, da herdanza espiritual da humanidade.[2]