Sistemática
área da bioloxía encargada de clasificar ás especies a partir da súa historia evolutiva / From Wikipedia, the free encyclopedia
A sistemática é unha área da bioloxía encargada de clasificar ás especies a partir da súa historia evolutiva (filoxenia). Ocúpase da diversidade biolóxica nun plano descritivo e nun interpretativo.[1] A unidade fundamental da que parte toda a clasificación é a especie, aquela agrupación de seres na que todos os seus membros son quen de aparearse entre si e producir descendencia viable e fértil. Para a designación das especies utilízase a nomenclatura binomial de Linneo, consta de dúas palabras escritas en minúsculas e cursiva, a primeira delas corresponde sempre ó xénero e comeza con maiúscula e a segunda escrita na súa totalidade en minúscula corresponde á especie. Os nomes de xéneros e especies sempre van nunha tipografía diferente que o resto do texto, normalmente en itálicas para texto tipografiado e subliñados no caso dun texto escrito a man. Os biólogos e paleontólogos adoitan incluír detrás do nome completo da especie o nome da persoa que a describiu, así como o ano de publicación.
Nos anos cincuenta o entomólogo alemán Willi Hennig (fundador da cladística), suxeriu un sistema de agrupación baseado na historia evolutiva dos seres vivos (filoxénese), no que tras estudar todas as características dun grupo e excluír aquelas que non marcan o seu desenvolvemento, define unha nova agrupación, chamada clado, é necesario advertir que os trazos máis obvios e acusados non necesariamente marcan o desenvolvemento evolutivo dunha liñaxe. Esta agrupación en clados presta máis atención ós puntos en que os diversos clados se bifurcan ou separan entre si, que á agrupación por características morfolóxicas, que nalgúns casos, poderían ser secundarias e desvirtuar a lóxica no tempo do esquema arbóreo.
Isto pasa cos osos panda xigantes, taxonómicamente clasificáronse dentro dos Úrsidos (osos) ó considerar determinadas características morfolóxicas, con todo considerando a súa historia evolutiva (cladisticamente) atópanse dentro do clado ó que corresponden os mapaches, o cal obriga a revisar a súa asignación taxonómica.